Asesoría Fiscal
Coa nosa Asesoría Fiscal ofrecemos a empresas de todo tipo as pautas e consellos para se adaptar mellor á normativa tributaria vixente. Efectuamos un asesoramento fiscal integral coa finalidade de racionalizar as cargas impositivas dentro, sempre, do marco da lexislación fiscal aplicable.
- Asesoramento fiscal permanente
- Planificación e asesoramento no cumprimento das obrigas fiscais
- Confección e presentación das declaracións de I.V.E.
- Confección e presentación das declaracións de I.R.P.F.
- Confección e presentación do Imposto de Sociedades
- Declaracións informativas
- Declaración de Patrimonio
- Impostos de sucesións e doazóns
- Declaración de bens e dereitos situados no extranxeiro
- Procedemento tributario: asistencia nos procedementos de xestión, inspección, recadación, alegacións, tramitación de escritos e consultas tributarias dirixidas ás Administracións Públicas.
- Atención de comunicacións telemáticas efectuadas polos diferentes Organismos.
Asesoría Laboral
Grazas a un servizo integral ofrecemos a oferta máis completa en materia de asesoría laboral a empresas, profesionais autónomos e traballadores.
- Asesoramento laboral permanente
- Elaboración de contratos de traballo e a súa presentación no Servizo Público de Emprego Estatal
- Confección de nóminas mensuais
- Tramitación de seguros sociais e a súa transmisión á Seguridade Social
- Confección e tramitación de partes de enfermidade
- Confección e tramitación de partes de accidentes laborais
- Tramitación de partes de alta e baixa de traballadores e profesionais autónomos ante a Seguridade Social
- Cálculo de custos laborais
- Confección e presentación de retencións de I.R.P.F. trimestrais e informativa anual.
- Elaboración de certificados de retención de I.R.P.F.
- Cálculo de liquidacións e indemnizacións de traballadores
- Solicitude de prestacións de maternidade, paternidade e incapacidade laboral
- Solicitudes de pensións de xubilación
- Asistencia a inspeccións de traballo e actos de conciliación
Asesoría Contable
Asesoramos sobre a problemática contable, examinamos e estruturamos os estados contables para a súa correcta interpretación. Ademais, analizamos todos os datos empresariais para optimizar a xestión da empresa, axudando na súa planificación e organización.
- Asesoramento contable permanente
- Revisión e análise de balances
- Contabilidade analítica, financeira e control de xestión
- Legalización de libros oficiais contables no Rexistro Mercantil
- Elaboración e depósito de contas anuais no Rexistro Mercantil: Balance de Situación, Conta de Resultados, Estado de Cambios no Patrimonio Neto, Estado de Fluxos de Efectivo e Memoria
- Confección de estados financeiros
- Estudos técnico-contables
- Outsourcing do departamento de contabilidade
Subvencións e Axudas Públicas
Prestamos servizos profesionais de asistencia técnica e asesoramento no referente á planificación, captación, optimización de condicións e aplicación dos recursos financeiros dos que deberá dispor o cliente para os seus proxectos de investimento.
- Diagnóstico e análise previo do proxecto e dos incentivos, axudas públicas e outros medios de financiación máis idóneos, solicitados ou susceptibles de solicitude para o mismo
- Establecemento do calendario temporal de eventos e cadencias a seguir para optimizar as axudas e subvencións identificadas
- Cumplimentación de formularios, elaboración/supervisión da memoria descriptiva, recompilación dos documentos asociados a cada expediente de solicitude e presentación nos organismos correspondentes
- Determinación e seguimento das previsións económico-financeiras sobre as necesidades do proxecto
- Verificación da documentación técnica e económica do expediente resolto para xustificar o seu cumprimento ante a administración
- Asistencia e acompañamento en inspeccións e controis que a Administración realice sobre os proxectos realizados ou en curso.
- Xestión do cobro das axudas
Creación de Empresas
- Asesorameento na constitución de sociedades
- Solicitude de denominación social no Rexistro Mercantil
- Estudo e redacción de estatutos sociais
- Solicitude de C.I.F. provisional e definitivo
- Inscrición no Rexistro Mercantil
- Alta na actividade e obrigas en censos
- Alta na Tesouraría Xeral da Seguridade Social
- Comunicación de apertura do centro de traballo no organismo competente
- Solicitude de licencia de apertura e actividade ante os organismos locais e alta en impostos e taxas locais